Do 12 ó 15, e do 19 ó 22 de setembro, Mais 3D impartirá dous obradoiros de impresión 3D, financiados polo Concello de Lalín, para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos.
O prazo de inscripción está aberto ata este xoves día 8, no Rexistro Municipal do Concello de Lalín.
O obradoiro persegue os obxectivos de dar a coñecer as aplicacións prácticas da impresión 3D, e transmitir os coñecementos necesarios para comprender o manexo dunha impresora 3D, coñecer os principais materiais e tecnoloxías de impresión, e introducirse no mundo do deseño tridimensional.
Recorda, inscríbete, de balde, no Concello de Lalín, antes do 8 de setembro!